Os pasados 17 e 18 de febreiro dez d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Campionato Galego Infantil de Natación de Inverno celebrado na Piscina do Complexo Deportivo Rías Do Sur en Pontevedra. Alí @s nos@s nadadores-as callaban unha máis que destacada actuación acadando o subcampionato masculino, a 8ª praza feminina e a 4ª conxunta dos 27 equipos participantes. As 21 medallas do campionato foron desta volta para (4) Anxo Fuentefría de 15 anos, ouro nas probas dos 100 e 200 braza e os 200 e 400 estilos; (4) Carmela Ínsua de 15 anos, ouro nos 200 libres, prata nos 400 e 800 libres e bronce nos 100 libres; (3) Carlos Casal de 14 anos, ouro nos 200 braza e prata nos 50 e os 100 braza; (3) Álvaro Lavandeira de 15 anos, prata nos 200 e 400 libres e bronce nos 100 libres; (2) Manuel López de 14 anos, prata nos 400 e os 1500 libres; (2) Hugo Gil de 15 anos, bronce nos 200 bolboreta e estilos; (1) Valeria Viña de 15 anos, bronce nos 50 braza e o ouro máis o bronce das substitucións masculinas dos 4x200 libres e os 4x100 estilos respectivamente. As mellores marcas do club batéronas Anxo Fuentefría nas probas dos 100 e 200 braza e os 200 e 400 estilos e Carmela Ínsua nos 100, 200, 400 e 800 libres. Compre subliñar que ademáis das mellores marcas dos 15 anos, Anxo nos 200 braza e Carmela nos 800 libres, bateron tamén os récords absolutos do club. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. A vindeira cita para o noso equipo de natación será o Campionato de España Júnior e Absoluto Open de Inverno no que tomaremos parte con 5 nadadores-as do 21 ao 25 de febreiro en Sabadell.