Desde mañán, venres día 18 de febreiro de 2022 e ata o vindeiro domingo día 20, 22 nadadores e nadadoras da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Infantil e Júnior de Inverno e a Copa Galega Sénior a celebrar na Piscina Rosario Dueñas de Ourense sobre 50 metros e 8 rúas. O torneo autonómico contará coa presenza de 27 equipos e o concurso de 409 nadadores e nadadoras, d@s que 197 son homes e 212 son mulleres. En canto á nosa representación dicir que nesta ocasión confórmana 12 mulleres e 10 homes entre os que nadarán un total de 76 probas a título individual e outras 12 substitucións por equipos. Toda a información referente a este Campionato Galego de Natación Infantil e Júnior de Inverno e a Copa Galega Sénior podedes atopala na seguinte ligazón federativa https://www.fegan.org/post/1789; ademais no apartado descargas natación desta mesma web atópase a nosa convocatoria de nadadores-as e probas. Falando de natación compre salientar tamén que 21 d@s nos@s benxamíns desputarán o sábado á tarde en Riazor a 3ª Xornada da Liga Galega na que logo das 2 primeiras xornadas están a ocupar a 4ª praza masculina, a 19ª feminina e a 11ª conxunta de 28 equipos.