Mañá sábado día 18 de maio de 2019, 23 dos nosos nadadores e nadadoras desprázanse a Lugo con motivo da disputa do XXIX Trofeo Cidade de Lugo que organiza o CN.Fluvial en sesións de mañán e tarde. En canto ao noso concurso comentar que tomaremos parte con 12 nadores e 11 nadadoras, dos que 7 pertencen a categoría benxamín, 8 á alevín e outros 8 á infantil. 23 deportistas que nadarán 50 probas a título individual e 1 substitución por equipos. Programa de probas que inclúe os 50, 100 e 200 metros bolboreta, costas, braza e libres, os 200 metros estilos e a substitución dos 6x50 metros libres mixtos. Adxuntamos a esta mesma nova a convocatoria coas probas dos nadadores e nadadoras de Carballo e Oleiros e tamén as series do torneo lucense. Ademáis en descargas natación desta mesma web podedes consultar a normativa do XXIX Trofeo Cidade de Lugo.