O vindeiro sábado día 26 de Outubro de 2019 a Piscina Municipal Santa Isabel en Santiago de Compostela, será a sede que acolla desde as 15:30 horas a 1ª Xornada da Liga Galega de Natación en categoría infantil. Esta categoría reúne ás nenas nadas nos anos 2005 e 2006 (13 e 14 anos) e os nenos nados en 2004 e 2005 (14 e 15 anos). Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros que a pasada campaña fomos 11º de 26 clubes, debutaremos nesta nova campaña cun equipo formado por 11 nadadoras e 12 nadadores, englobados no Grupo C co CN.Arteixo, CN.Arzúa, CN.Boiro, Club do Mar, CN.Coruña, CN.Liceo, CN.Riveira, CN.Santiago o Hércules Termaria e a ADT.Oleiros; co obxectivo de clasificarnos entre os 10 mellores equipos galegos. Na xornada do sábado nadaranse as probas individuais dos 50, 200 e 1500 libres, os 100 bolboreta, os 200 costas e braza e os 100 e 400 estilos, ademais das substitucións femininas e masculinas dos 4x100 estilos. Os nosos nadarán un total de 46 probas individuais (22 en categoría feminina e 24 na masculina) e 6 substitucións (3 femininas e 3 masculinas). A convocatoria dos nadadores de Carballo e Oleiros e a lista de saídas desta 1ª Xornada da Liga Galega Infantil de Natación atoparédelas adxuntas a esta mesma nova.