24 benxamíns e 20 alevíns nadarán na 4ª xornada da liga galega


 11 Marzo, 2022   Natación 

24 benxamíns e 20 alevíns nadarán na 4ª xornada da liga galega

A Piscina Municipal Carballo Calero acollerá desde as 4 da tarde do sábado día 12 de marzo de 2022 a 4ª Xornada da Liga Galega da categoría benxamín; desta volta coa presenza de público baixo invitación e acreditación previa. Ademáis d@s nos@s que marchan 8º conxunt@s dos 29 equipos da categoría, nesta 4ª rolda tomarán parte os equipos do Arteixo (21), Casino (8), Coruña (11), Culleredo (9) e Liceo (5), entre os que sumamos un total de 77 nadadores e nadadoras. @s da ADFogar de Carballo e Oleiros vimos de convocar un equipo formado por 24 nadadores-as, 19 nenos e 5 nenas. O programa de probas da xornada inclúe os 50 e os 100 bolboreta, os 50 libres e os 50 pes bolboreta, ademáis das substitucións por equipos dos 4x50 estilos masculino e feminino. O mesmo sábado á tarde 20 d@s nos@s alevíns, 9 rapaces e 11 rapazas desprazaranse ata San Amaro na Coruña para defender a 6ª praza conxunta que ocupan logo das 3 primeiras xornadas de liga nas que tomaron parte 28 equipos galegos. As nosas convocatorias, as listaxes de saídas e o protocolo anticovid da xornada benxamín están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.