24 d@s nos@s nadadores-as compiten en Carballo e Ourense


 28 Maio, 2021   Natación 

24 d@s nos@s nadadores-as compiten en Carballo e Ourense

Outra fin de semana intensa para @s nos@s nadadores-as; o sábado día 29 de maio a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 5ª xornada da Liga Galega Benxamín en horario de tarde (16:00 horas), onde tomarán parte 17 d@s nos@s, 10 nenas e 7 nenos que ocupan a 5ª praza masculina, a 12ª feminina e a 10ª conxunta dos 24 equipos que conforman a categoría. O mesmo sábado pero en sesións de mañán e tarde unha representación de 7 nadadores-as, 5 mozos e 2 mozas, tomarán parte no XLIX Trofeo Internacional Pedro Escudero de Ourense que organiza na piscina Municipal Rosario Dueñas o Club Natación Pabellón Ourense https://www.cnpourense.es/pedro-escudero. As convocatorias d@s nos@s, as listaxes de saídas e os protocolos anticovid para o sábado xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén as normativas das Ligas Galegas de Natación e o XLIX Trofeo Internacional Pedro Escudero.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.