24 d@s nos@s nas citas de Carballo, Ferrol e Pontevedra


 22 Maio, 2025   Natación 

24 d@s nos@s nas citas de Carballo, Ferrol e Pontevedra

O sábado á tarde 14 d@s nos@s nadadores-as tomarán parte na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo na derradeira das xornada da Liga Galega Alevín que congrega @s nen@s nados nos anos 2012 e 2013; competición que desde as 16:00 horas contará coa presenza de 60 nadadores-as en representación de 6 clubs. Compre salientar que @s do Fogar estamos a ocupar a 13ª praza conxunta dos 29 equipos que veñen participando nesta tempada 2024-2025.
Tamén o sábado pero en dobre sesión de mañá e tarde, 8 d@s nos@s competirán na 45ª edición do Memorial Juan Varela, proba que se disputa na Piscina dos Batallóns en Ferrol baixo a organización do Club Marina Ferrol.
Por último comentar que o venres á tarde @s nadadores-as Carlos Casal e Noa Ferreiro, xunto ao seu adestrador Héctor García, acoden a outra das xornadas GES de tecnificación Infantil convocad@s pola Federación Galega de Natación cos obxectivos de avaliar as capacidades físicas, técnicas e tácticas d@s nadadores-as, fomentar unha actitude e uns valores no concepto de perseveranza que favorezan o desenrolo deportivo e persoal d@s deportistas, axudar e apoiar a labor d@s técnic@ dos clubs e favorecer a interrelación d@s nadadores-as e adestradores-as dos clubs galegos c@s responsables técnicos federativos.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.