Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñeremos en liza o sábado a 26 dos nosos nadadores e nadadoras, 25 da categoría alevín e 1 da absoluta. Os alevíns do Fogar tomarán parte na Piscina Municipal Carballo Calero da nosa localidade en horario de tarde, na 5ª xornada da Liga Galega co obxectivo de manterse na loita entre os 12 mellores, tendo en conta o axustado da clasificación entre os postos 12º, 13º e 14º dos 30 clubs galegos que conforman a categoría. Nesta quinta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100 e 200 metros bolboreta, costas e braza e os 100 e 800 metros libres, ademáis das substitucións por equipos dos 4x50 metros estilos mixtos. Na documentación adxunta a esta mesma noticia dispoñedes da nosa convocatoria e da lista de saídas da xornada.
O noso único representante absoluto da fin de semán será Manuel Verdes Collazo, que tomará parte en Ferrol na piscina de Batallóns e en sesións de mañan e tarde, no Trofeo Norte-Sur co combinado do norte e nas probas de 50, 100 e 200 braza. Máis información en: https://www.fegan.org/post/2869