A A.D.Fogar rendeu a pasada fin de semana unha especial homenaxe a Pedro Luis Fernández Pombo, quen fose directivo fundador, socio honorífico e deportista da nosa entidade, ademáis de xuíz de natación e membro do Comité Galego de Árbitros. Neste seu segundo memorial no que participaron 342 nadadores e nadadoras en representación de 28 equipos, 2 deles chegados desde fóra de Galicia; batéronse un total de 8 mellores marcas galegas e outras 18 do propio memorial, o que reflicte o nivel da competición e @s participantes. O sábado os mellores equipos foron o Portamiñá de Lugo nas categorías feminina e conxunta, mentres que na masculina o gañou o Pabellón de Ourense. Os premios aos mellores nadadores-as do memorial por táboa WAQ foron o sábado para Nadiuska Oubiña (Boiro) 1ª, Sofía Barros (Pabellón) 2ª, Eva Sánchez (Arteixo) 3ª, Martín López (Fogar) 1º, Yago Quiroga (Pabellón) 2º e Xoel Parcero (Santiago) 3º. O Domingo na categoría máster @s mellores foron Alba Franco (As Meigas) 1ª, Raquel Soilán (As Meigas) 2ª, Sabela Ben (Xove) 3ª, Ivan Lobelle (C.Mar) 1º, Carlos Iglesias (Fogar) 2º e Marcos Lobelle (C.Mar) 3º. No tocante ao nivel d@s nos@s nadadores-as compre subliñar que o sábado melloramos 11 récords do club e o domingo outros 4 e fomos 2º masculinos, 6ª femininas e 5º conxunt@s.
WEB DO MEMORIAL
O NÚMERO PREMIADO NO SORTEO DO LOTE DE MATERIAL DEPORTIVO FOI O 1.819, e para recibilo debedes contactar con clubnatacion.com