O sábado día 29 de abril en sesións de mañá e tarde, 3 nadadoras-es da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Trofeo Norte-Sur a disputar na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas. O torneo que enfronta as seleccións autonómicas do norte e o sur, contará co concurso de 79 nadadores e nadadoras, dos que 39 son homes e 40 son mulleres. En canto á nosa representación confórmana Carla Jiménez (50, 100 e 200 braza), Lola Botana (50 e 100 braza) e Yoel Suárez (50 braza, 50 bolboreta e 100 estilos).
Ademáis o mesmo sábado á tarde a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo acollerá a 4ª e derradeira xornada da Copa Galega de Natación Prebenxamín para a que vimos de convocar a 32 d@s nos@s cativ@s. A competición que reúne @s mellores nadadores-as das nosas Escolas de Base en Carballo e Oleiros, desenvolverase entre as 16 e as 18 horas. O programa de probas da xornada inclúe os 25 bolboreta, os 50 costas e as substitucións mixtas dos 4x25 libres. A convocatoria e a lista de saídas están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web; lugar onde podedes atopar tamén a normativa desta Copa Galega de Natación Prebenxamín para a presente tempada 2022-23.