5 Nadadores-as do Fogar compiten no Galego Alevín de Inverno


 29 Xaneiro, 2020   Natación 

5 Nadadores-as do Fogar compiten no Galego Alevín de Inverno

Os vindeiros sábado día 1 e domingo día 2 de febreiro de 2020 en sesións de mañá e tarde, 5 nadadores-as da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Alevín de Inverno que se disputa na piscina do Complexo Deportivo de Santa Isabel en Santiago de Compostela (25 m e 8 rúas). O torneo  invernal contará coa presenza de 29 equipos e o concurso de 248 nadadores-as da nosa comunidade autónoma, 126 en categoría feminina e 122 na masculina. En canto á nosa representación confórmana un total de 5 nadadores-as, que chegan no seu mellor momento de forma; son 2 nenos e 3 nenas que ao longo da fin de semana nadarán un total de 15 probas, todas elas a título individual. No arquivo adxunto a esta mesma nova podedes consultar a convocatoria e o programa de probas a nadar pol@s nos@s representantes, ademais para ampliar a información sobre o evento podédesvos dirixir á páxina oficial da Fegan a través da ligazón https://www.fegan.org/mp/default/post/2047.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.