5 récords do club e 13 medallas para @s nos@s no Galego Infantil


 01 Xullo, 2024   Natación 

5 récords do club e 13 medallas para @s nos@s no Galego Infantil

Os pasados 29 e 30 de xuño nove d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Campionato Galego Infantil de Natación de Verán celebrado na Piscina do Complexo Deportivo Rías Do Sur en Pontevedra. Alí @s nos@s nadadores-as callaban unha destacada actuación acadando o 4º posto masculino, a 10ª praza feminina e a 7ª conxunta dos 26 equipos participantes. As 13 medallas do campionato foron desta volta para Carlos Casal de 14 anos (4), ouro nos 200 braza e pratas nos 50 e 100 braza e os 200 estilos; Anxo Fuentefría de 15 anos (3), ouros nas probas dos 200 braza e os 200 estilos e prata nos 100 braza; Carmela Ínsua de 15 anos (3), pratas nos 200 e 800 libres e bronce nos 400 libres; Manuel López de 14 anos (1), ouro nos 200 libres e Valeria Viña de 15 anos (1), bronce nos 50 braza e máis o bronce da substitución masculina dos 4x200 libres que formaron Álvaro Lavandeira, Carlos Casal, Manuel López e Anxo Fuentefría. As mellores marcas do club batéronas Carlos Casal nas probas dos 50 braza e os 200 braza e estilos de 14 anos, Anxo Fuentefría nos 200 estilos 15 anos e Carmela Ínsua nos 400 libres tamén de 15 anos. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.