O pasado sábado día 30 de abril de 2022 trece d@s nos@s nadadores-as (5 mozas e 8 mozos) desprazábanse ata Ferrol con motivo da disputa na Piscina de Batallones do XLII Memorial Internacional Juan Varela; torneo que baixo a organización do C.N. Marina Ferrol mobilizou a 24 clubs de Galicia, Madrid e Portugal. En canto ao concurso d@s nos@s temos que destacar as actuacións de: Carla Mª Jiménez (2006), medalla de ouro, mínima nacional absoluta, récord do club absoluto e mellor marca de 16 anos nos 50 braza; e mínima nacional júnior, récord do club absoluto e mellor marca de 16 anos nos 100 braza. Yoel Suárez (2004) que se facía coa medalla de ouro e a mínima nacional júnior nos 100 libres ademáis da medalla de prata nos 50 braza. Carlos Abeleira (2002) que acadaba as medallas de prata nos 50 bolboreta e os 50 costas e a de bronce nos 100 costas e Manuel Verdes (2000) que subía ao caixón de premiacións para recoller o bronce nos 50 braza. No cómputo global os da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros acadamos 7 medallas (2 ouros, 3pratas e 2 bronces), 4 mellores marcas do club, 3 topes nacionais e unha meritoria quinta praza conxunta por equipos. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados d@s nos@ nadadores-as no trofeo internacional ferrolán.