7 Récords do club e 2 finais no Trofeo Internacional Vila de Xixón


 23 Maio, 2021   Natación 

7 Récords do club e 2 finais no Trofeo Internacional Vila de Xixón

Cinco d@s nos@s nadadores-as tomaban parte esta fin de semana na 34ª Edición do Trofeo Internacional de Natación Vila de Xixón, competición en piscina de 50 metros incluida no Calendario da Liga Europea de Natación (LEN) e no III Grand Prix Open do Circuito Nacional de Trofeos. Sen dúbida un evento de primeiro nivel no que @s nos@s representantes estiveron á altura facéndose cun botín de sete mellores marcas do club e clasificándose para nadar dúas finais entre os oito mellores nadadores do torneo. Os finalistas foron Simón Rey, que acadaba a 6ª praza na proba dos 200 bolboreta e Manuel Verdes, que remataba 8º nos 100 metros braza. Ademais entre os dous lograban bater cinco das mellores marcas do club; Manuel os absolutos dos 50 bolboreta e os 100 braza e Simón os de 17 anos dos 50, os 100 e os 200 bolboreta. Nana Suárez, a nosa única representante feminina, rebaixaba os mellores rexistros do club dos 16 anos nas probas dos 100 costas e os 200 libres. Por equipos fomos 21º dos 37 conxuntos que tomaron parte, resultados que podedes consultar no apartado descargas natación desta mesma web.  

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.