8 medallas e 1 récord do club para @s nos@s no Galego Alevín


 04 Febreiro, 2025   Natación 

8 medallas e 1 récord do club para @s nos@s no Galego Alevín

Os pasados 1 e 2 de febreiro seis d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Inverno celebrado na Piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur (Pontevedra) con 27 clubs e 204 nadadores-as en liza. @s nos@s rapaces e rapazas callaron unha boa actuación rematando na 11ª praza feminina, na 23ª masculina, e na 17ª conxunta por equipos ainda sen a posibilidade de nadar remudas. As oito medallas do campionato foron desta volta para Sara Ríos de 12 anos (4), ouro nos 50 e os 200 braza, prata nos 200 libres e bronce nos 400 libres; Carla Giance de 13 anos (3), prata nos 100 costas e estilos e bronce nos 200 estilos; e Xacobo Fraga de 12 anos (1) bronce nos 50 libres. Compre destacar tamén o 7º posto de Martín Cid (13 anos) nos 50 costas, os 10º postos de Iris Rodríguez (13 anos) nos 50 libres, bolboreta e os 100 estilos ou o 12º lugar de Abel Antelo nos 50 libres (13 anos). A mellor marca do club batéuna Sara Ríos de 12 anos na proba dos 50 braza. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.