9 Medallas, 4 topes nacionais e 6 récords do club en Ourense


 07 Xuño, 2024   Natación 

9 Medallas, 4 topes nacionais e 6 récords do club en Ourense

O pasado sábado día 1 de xuño de 2024 dezasete d@s nos@s nadadores-as de Carballo e Oleiros desprazábanse ata Ourense con motivo da disputa na Piscina Municipal Rosario Dueñas do LII TROFEO PEDRO ESCUDERO; torneo que baixo a organización do C.N. Pabellón Ourense mobilizou a 30 clubs e 413 nadadores e nadadoras. Bo concurso d@s nos@s que acadaron 9 medallas (1 ouro, 4 pratas e 4 bronces), 4 mínimas para o nacional júnior e 6 mellores marcas do club. As medallas foron desta volta para Carla Jiménez, ouro nos 50 braza e prata nos 200 braza, Martín López prata nos 50 e os 100 braza, Pablo Gil prata nos 400 estilos, Jorge Souto bronce nos 50 libres e os 200 estilos, Manuel Souto bronce nos 400 libres e Anxo Fuentefría bronce nos 200 braza. En canto ás mellores marcas do club, Jorge Souto de 17 anos mellorou os rexistros da súa idade nos 50 libres e os 50 e 100 costas, Manuel Souto de 17 anos e Paulo Rivas de 16 os dos 100 libres das súas respectivas idades e Carla Jiménez o absoluto dos 50 braza. As mínimas nacionais foron para Jorge nos 50 libres e os 100 costas, Carla nos 50 braza e Paulo Rivas nos 100 libres. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar os resultados d@s nos@ nadadores-as no trofeo internacional ourensán.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.