Os pasados 22 e 23 de xuño doce d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Verán celebrado na Piscina Municipal de Lieiro (Cervo) con 27 clubs e 257 nadadores-as en liza. @s nos@s rapaces e rapazas callaron unha destacada actuación rematando na 5ª praza feminina, na 12ª masculina, e na 7ª conxunta por equipos. As nove medallas do campionato foron desta volta para Alba Lamas de 13 anos (4), ouro nos 200 costas, prata nos 100 costas e bronces no 50 braza e o 50 costas; Noa Ferreiro de 13 anos (3), os ouros nas probas do 200 e 400 libres e máis a prata nos 100 libres; Lucía Fernández de 13 anos (1) o bronce nos 100 bolboreta; e Diego Souto de 13 anos (1) a prata nos 50 costas. As mellores marcas do club batéronas Alba Lamas nos 50, 100 e 200 costas e os 50 braza dos 13 anos; Noa Ferreiro nos 100, 200 e 400 libres dos 13 anos; e as substitucións femininas dos 4x100 e 200 libres e os 4x100 estilos que formaron Alba Lamas, Carla Giance, Lucía Fernández e Noa Ferreiro. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.