9 medallas e 3 récords do club para @s nos@s no Galego Alevín


 24 Xuño, 2025   Natación 

9 medallas e 3 récords do club para @s nos@s no Galego Alevín

Os pasados 21 e 22 de xuño sete d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaron parte no Campionato Galego Alevín de Natación de Verán celebrado na Piscina Municipal de Lieiro (San Cibrao - Cervo) con 25 clubs e 246 nadadores-as en liza. @s nos@s rapaces e rapazas callaron unha moi boa actuación rematando na 8ª praza feminina, na 20ª masculina, e na 14ª conxunta por equipos, mellorando tres postos respecto ao autonómico de inverno. As nove medallas do campionato foron desta volta para Sara Ríos de 12 anos (4), ouro nos 50 e os 200 braza, prata nos 100 braza e bronce nos 100 libres; Carla Giance de 13 anos (3), ouro nos 50 costas, prata nos 100 costas e bronce nos 100 libres; e Xacobo Fraga de 12 anos (2) bronce nos 50 costas e o os 200 libres. Compre destacar tamén o 5º posto de Abel Antelo (13 anos) nos 50 bolboreta, o 6º posto de Iris Rodríguez (13 anos) nos 100 bolboreta, o 10º lugar de Nicolás Mourelle nos 200 braza (13 anos) e a 6ª praza da remuda feminina dos 4x100 estilos que formaron Carla Giance, Sara Ríos, Iris Martínez e Naroa Mallón. As mellores marcas do club batéunas Sara Ríos de 12 anos nos 50, 100 e 200 braza. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.