Os pasados 25, 26 e 27 de novembro de 2022 quince d@s nadadores-as da AD.Fogar de Carballo e Oleiros tomaban parte no Campionato Galego Absoluto de de Inverno desputado nas instalacións municipais da Frigsa en Lugo; lugar onde @s nos@s callaban unha destacada actuación logo de nadar 13 finais A e 9 finais B. No referente á clasificación por equipos fomos 6º masculinos, 10ª femininas e 9ºª conxunt@s. As 9 medallas do campionato eran desta volta para, Carla Jiménez (3) ouro nos 200 braza, prata nos 50 braza e bronce nos 100 braza, Manuel Verdes (3) prata nos 50 e 100 braza e os 100 estilos, Carlos Abeleira (1) prata nos 50 costas, Yoel Suárez (1) bronce nos 50 braza e (1) o bronce da substitución masculina do 4x50 estilos. No referente as mellores marcas do club, Carla Jiménez (6) melloraba as absolutas e máis as de 16 anos dos 50, 100 e 200 metros braza, Carlos Abeleira (1) batía a anterior mellor marca absoluta dos 50 costas e Yoel Suárez (1) batía o récord absoluto dos 50 braza. Ademáis a substitución masculina dos 4x50 estilos con Abeleira, Suárez, Verdes e Galán, melloraban tamén o anterior rexistro absoluto do club. Os resultados d@s nadadoras e nadadores de Carballo e Oleiros poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web. E falando de mellores marcas cabe destacar tamén as logradas o pasado sábado en Carballo por Anxo Fuentefría na 1ª xornada da Liga Alevín nos 50 e 100 braza da categoría dos 13 anos.