Os vindeiros sábado día 10 e domingo día 11 de febreiro de 2024 en sesións de mañá e tarde, nove d@s nadadores-as da AD. Fogar de Carballo e Oleiros tomarán parte no Campionato Galego Alevín de Inverno que se disputa na piscina do Club Fluvial de Lugo. O torneo contará coa presenza de 27 equipos e o concurso de 201 nadadores-as da nosa comunidade autónoma, 96 en categoría masculina e 105 na feminina. En canto á nosa representación confórmana un total de nove nadadores-as que chegan no seu mellor momento de forma; son cinco nenos e catro nenas que ao longo da fin de semana nadarán un total de 30 probas, 26 a título individual e outras 4 de substitucións por equipos. No apartado descargas natación desta mesma web podedes consultar a convocatoria e o programa de probas a nadar pol@s nos@s representantes, ademais para ampliar a información sobre o evento podédesvos dirixir á páxina oficial da Fegan na seguinte ligazón https://www.fegan.org/mp/default/post/2047