O vindeiro sábado día 2 de novembro de 2019, desde as 15:30 horas; a Piscina Municipal Carballo Calero da Zona Bergantiños en Carballo, será por cuarto ano consecutivo a sede que acolla a primeira das tres Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs, nesta oportunidade na súa Segunda División. Para a organización da proba os da AD.Fogar contamos coa colaboración da Federación Galega de Natación, O Concello de Carballo e Carballo Deporte. Os nosos nadadores, que a pasada campaña ascendían de categoiría logo de acadar o título da Terceira División, medirán este ano as súas forzas cos equipos do CN.Arteixo, CN.Marina, CN.Rías Baixas, Universitario de Santiago e CN.Xove co obxectivo de loitar novamente polo título, e acadar o ascenso a primeira división. Nesta primeira rolda concursaremos como locatarios con 20 dos nosos nadadores, 9 da categoría feminina e outros 11 da masculina, entre os que se repartirán as probas individuais dos 50, 100 e 400 metros libres, os 100 braza e bolboreta e os 200 costas e estilos; ademais das substitucións por equipos dos 4x50 estilos e os 4x100 e 200 libres. Os 3 primeiros clasificados desta fase preliminar loitarán polo título e tan só os 2 primeiros consumarán o ascenso á primeira división. A clasificación da tempada pasada está dispoñible no apartado descargas natación desta mesma web, ademáis como documentación anexa a esta noticia podedes consultar tamén a lista de saídas da xornada carballesa.