A 2ª Xda da Liga de Promesas nádase na Municipal Carballo Calero


 03 Marzo, 2021   Natación 

A 2ª Xda da Liga de Promesas nádase na Municipal Carballo Calero

O vindeiro sábado día 6 de marzo de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 2ª xornada da Liga Galega de Promesas en horario de tarde (16:00 horas). A competición levaráse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Desta volta o noso equipo de promesas conformarano 23 nadadores-as, das cales 3 pertencen á categoría feminina e os 20 restantes á masculina, fronte ás 3 nenas e 6 nenos que porá en liza o CN.Arteixo. O programa de probas desta segunda rolda inclúe os 25 metros pes costas e os 25 e 50 metros costas nas categorías feminina e masculina. A convocatorias d@s nos@s, as listaxes de saídas e os protocolo anticovid para o sábado estarán dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa da Liga Galega de Natación Promesas para a presente tempada 2020 - 2021.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.