O vindeiro sábado día 19 de decembro de 2020 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en Carballo a 2ª xornada da Liga Galega Alevín que congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2009 e 2010 e aos nenos nados no 2007 e 2008. A competición levaráse a cabo desde as 16:00 horas sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Ademáis haberá 2 turnos diferenciados de quecemento e competición, 1 feminino (16:00 horas) e outro masculino (18:00 horas) e non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación baixo acreditación e de xeito graduado. Para esta segunda xornada aliñaremos un equipo composto por 30 nadadoras-es, das cales 15 pertencen á categoría feminina e os 15 restantes á masculina e medirémonos aos equipos do CN.Arteixo (9), CN.Culleredo (7) e CN.Liceo (14). O programa de probas da xornada inclúe os 50 metros braza e costas, os 100 metros bolboreta, estilos, libres e costas e os 200 e 800 metros libres. A convocatoria dos nosos, a lista de saídas e o protocolo anticovid para o sábado xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Alevín para a presente tempada.