Mañá sábado día 11 de xaneiro de 2020 a Piscina Municipal Carballo Calero, en Carballo; será a sede que acolla en horario de tarde a segunda das xornadas da Liga Galega Infantil con 9 equipos en liza e 109 nadadores-as, das que 56 pertencen a categoría feminina e os 53 restantes á masculina. Logo da 1ª xornada @s da A.D. Fogar de Carballo e Oleiros ocupamos a 4ª praza da clasificación conxunta dos 23 equipos que compoñen esta categoría https://www.fegan.org/fegan/tprd/1920/snat/res/liga_gal_infa/clas.pdf. Para esta segunda rolda vimos de convocar a un total de 36 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 14 e os 16 anos; das que 20 pertencen á categoría feminina e os 16 restantes á masculina. @s nos@s esperan facer valer a súa condición de locatari@s para manter a loita entre os 4 melllores equipos da categoría. E para elo nesta segunda cita ligueira nadarán as probas individuais dos 100 metros nos estilos braza, costas e libres, os 200 metros bolboreta e estilos e os 400 metros libres; ademais das substitucións por equipos dos 4x100 metros libres masculinos e femininos; en confrontación directa cos equipos do CN.Arteixo, CN.Arzúa, SDCN.Boiro, CN.Coruña, C.Hércules, Club do Mar, CN.Santa Comba e CDN Cidade Santiago. Achéganse a esta nova tanto a convocatoria de probas d@s nos@s rapaces e rapazas, como a listaxe de saídas da xornada.