Hoxe á tarde despútase na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo a 2ª xornada da Liga Galega Infantil no seu Grupo C. A competición levaráse a cabo sen a presenza de público e cun aforo total de 160 persoas entre nadadores-as (120), técnic@s e delegad@s (20) e o xurado e persoal de competición (20). A xornada desenvolverase en dúas quendas de quecemento (16:00 a 16:40 e 16:45 a 17:25 horas) e unha soa quenda de competición (17:00 a 21:00 horas). Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo composto por 27 nadadoras-es, das cales 16 pertencen á categoría feminina e os 11 restantes á masculina; que medirán as súas forzas c@s representantes dos equipos do CN.Coruña, C.Mar, S.Casino, CN.Arteixo, CN.Liceo, CN.Culleredo, Mar Artabria e Marina Ferrol. O programa de probas da xornada inclúe os 100, 400 e 800 libres, os 100 costas, os 200 bolboreta e estilos, os 100 braza e as remudas dos 4x100 libres. A inscrición d@s nos@s, a lista de saídas e o protocolo anticovid xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web. Compre salientar tamén que a día de hoxe a FEGAN non ten publicada a clasificación provisional.