O vindeiro sábado día 25 de xaneiro de 2020, desde as 15:30 horas; a Piscina Municipal Javier Gómez Noya en Ferrol, será a sede que acolla a segunda das tres Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Segunda División. @s nos@s nadadores-as, que a pasada campaña ascendían de categoría logo de acadar o título da Terceira División, están a ocupar a segunda praza da Fase Preliminar por detrás do líder o CN.Arteixo e por diante do CN.Marina, o CN.Rías Baixas o Universitario de Santiago e o CN.Xove https://www.fegan.org/fegan/tprd/1920/snat/res/liga_gal_clubes/clasificacions.pdf. Nesta segunda rolda concursaremos con vinte d@s nos@s nadadores-as, nove da categoría feminina e outros 11 da masculina; entre os que se repartirán as probas individuais dos 50, 100, 200 e 1500 metros libres, os 50 braza, os 100 costas e estilos e os 200 bolboreta, ademais das substitucións por equipos dos 4x100 e 4x200 metros libres. O noso obxectivo nesta Fase Preliminar é o de manternos entre os 3 primeiros clasificados que serán os que finalmente loiten polo título e o ascenso á primeira división. Como documentación anexa a esta mesma nova podedes consultar a lista de saídas da xornada ferrolana.