A 3ª Preliminar da Liga Galega de 1ª División nádase en Carballo


 22 Marzo, 2024   Natación 

A 3ª Preliminar da Liga Galega de 1ª División nádase en Carballo

Mañán sábado día 23 de marzo de 2024, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo será a sede que acolla desde as 15:30 horas, a terceira das Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as suman 9 puntos e están a ocupar a terceira praza desta Fase Preliminar por detrás do CN.Ponteareas que ten 11 puntos e o CN.Galaico que ten 10. Por debaixo d@s nos@s atópanse o CN.Vigo Rías Baixas con 8, o CN.Coruña con 4 e o CN.Boiro con 2. Nesta terceira rolda concursaremos cun total de 21 nadadores-as, das que 10 pertencen á categoría feminina e os 11 restantes á masculina. Na xornada nadaránse as probas individuais dos 400, 100 e 50 metros libres, os 100 braza e bolboreta e os 200 costas e estilos, ademáis das substitucións por equipos dos 4x50 metros estilos e 4x100 e 200 metros libres. O noso obxectivo nesta derradeira xornada da Fase Preliminar segue sendo o de manternos entre os 3 primeiros clasificados e asegurar así a permanencia na primeira división rexional para a próxima tempada. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar a lista de saídas da xornada carballesa.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.