Na tarde de hoxe a Piscina Municipal de Riazor na Coruña, acollerá a 3ª xornada da Liga Galega de Natación Infantil que congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2008, 2009 e 2010 e aos nenos nados no 2007 e 2008. A competición levaráse a cabo dende as 15:45 horas coa presenza de 9 equipos (Artabria, Casino, Coruña, Club do Mar, Culleredo, Fogar, Liceo, Oleiros e Ordes). Para esta terceira xornada aliñaremos un equipo composto por 24 nadadoras-es, das cales 14 pertencen á categoría feminina e os 10 restantes á masculina. O programa de probas da xornada inclúe os 50, 200 e 1500 metros libres, os 100 bolboreta, os 200 braza, os 50 e 200 costas e os 400 estilos, ademáis das substitucións por equipos dos 4x100 estilos mixtos. Compre salientar tamén que os de Carballo e Oleiros vimos ocupando a 6ª praza conxunta dos 28 equipos que lograron puntuar nas dúas primeiras xornadas. A convocatoria d@s nos@s e a lista de saídas da xornada están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web.