O vindeiro sábado día 18 de xaneiro de 2020 a Piscina Municipal Carballo Calero en Carballo será a sede que acolla, desde as 15:30 hs; a terceira xornada da Liga Galega de Natación Alevín na que os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros imos 18º de 34 equipos logo da segunda xornada https://www.fegan.org/fegan/tprd/1920/snat/res/liga_gal_alev/clas.pdf. A categoría alevín congrega ás nenas nadas nos anos 2007 e 2008 (12 e 13 anos) e os nenos nados en 2006 e 2007 (13 e 14 anos). Para esta terceira xornada pondremos en liza un equipo de 22 nadadores-as, das cales 12 pertencen á categoría feminina e os outros 10 á masculina. Co obxectivo de manternos na loita entre os 17 mellores da categoría mediremos as nosas forzas nesta terceira rolda cos equipos do C.Hércules (12), C.N.liceo (16) e C. do Mar (13); nun programa de probas que inclúe os 100 e os 1500 metros libres, os 200 metros braza, bolboreta e estilos e as substitucións dos 4x100 metros estilos nas categorías masculina e feminina. A convocatoria dos nosos e a lista de saídas do sábado están dispoñibles como arquivos adxuntos a esta mesma nova. Ademais no apartado de descargas natación desta mesma web podedes atopar a normativa desta liga alevín de natación e os resultados das xornadas previas.