O vindeiro sábado día 22 de marzo de 2025, a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo será a sede que acolla desde as 15:30 horas, a terceira das Xornadas Preliminares da Liga Galega de Clubs na súa Primeira División. @s nos@s nadadores-as suman 7 puntos e están a ocupar a cuarta praza desta Fase Preliminar empatados a puntos co terceiro o CDN.Santiago. Nesta terceira rolda concursaremos cun total de 20 nadadores-as, das que 10 pertencen á categoría feminina e outros 10 á masculina. Na xornada nadaránse as probas individuais dos 1500, 200, 100 e 50 metros libres, os 50 braza, os 200 bolboreta e os 100 costas e estilos, ademáis das remudas por equipos dos 4x100 e 4x200 metros libres. O noso obxectivo nesta derradeira xornada da Fase Preliminar segue sendo o de meternos entre os 3 primeiros clasificados e asegurar así a permanencia na primeira división rexional para a próxima tempada. No apartado descargas natación desta mesma web podedes atopar a lista de saídas desta xornada carballesa.
E o domingo a mañá na Municipal da Fieiteira en Ribeira, 4 nadadoras e 4 nadadores baixo a dirección de Daniel Toro, Director Técnico da FEGAN; tomarán parte na 2ª das xornadas de tecnificación do Programa GES Benxamín que dende a federación desenvolven en colaboración cos clubs galegos.