O vindeiro sábado 22 de abril a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en horario de tarde (15:45 horas) a derradeira das xornadas da Liga Galega Infantil na que estamos a ocupar a 5ª praza provisional dos 28 equipos que conseguiron puntuar ata o de agora. Para esta 4ª rolda imos competir con 7 nadadoras e 10 nadadores co obxectivo de manternos entre os sete mellores equipos da categoría. Ademáis d@s nos@s tomarán parte en Carballo 4 nadadores-as do CN.Culleredo, 6 do C.Mar, 6 do CN.Ordes, 7 do CN.Liceo, 9 do CN.Casino e 15 do CN.Coruña. O programa de probas da xornada inclúe os 100, 400 e 800 metros libres, os 50 e os 100 braza, os 100 costas, os 200 estilos e os 50 e 200 bolboreta, ademáis das substitucións por equipos dos 4x100 libres mixt@s. A nosa convocatoria e máis a listaxe de saídas están a vosa disposición no apartado de descargas natación desta mesma web.