Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñeremos en liza mañá á tarde a 29 dos nosos nadadores e nadadoras alevíns, das que 15 pertencen á categoría feminina e os 14 restantes á masculina. Os alevíns do Fogar tomarán parte na Piscina Municipal de Riazor en A Coruña, na 4ª xornada da Liga Galega cunha clara intención, a de manterse na loita entre os 12 mellores da categoría, tendo en conta o axustado da clasificación entre os postos 11º e 17º dos 30 clubs galegos que conforman a categoría, https://www.fegan.org/fegan/tprd/1819/snat/res/liga_gal_alev/clas.pdf. Nesta cuarta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100 e 200 bolboreta, costas e braza, e os 50 e 1500 metros libres, ademais das remudas por equipos dos 4x100 metros libres mixtos. Na documentación adxunta a esta mesma noticia dispoñedes da nosa convocatoria e da lista de saídas da xornada.