Mañá sábado día 6 de abril de 2019 as instalación do Club do Mar de San Amaro, na Coruña, acollerán en horario de tarde a quinta xornada da Liga Galega Benxamín. Despois da cuarta xornada, os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros mantémonos na 13ª praza conxunta dos 31 equipos que están a puntuar. Á cita coruñesa desprazaremonos cun total de 24 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; das que 9 pertencen á categoría feminina e os 15 restantes á masculina. Nesta quinta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100 e 200 metros estilos, os 100 libres e os 50 braza, ademais das substitucións por equipos dos 4x100 metros estilos mixtos. Achegamos como arquivos adxuntos a esta mesma nova tanto a convocatoria de probas d@s nos@s nadadores e nadadores, como a listaxe de saídas da propia sesión.