Mañá sábado día 4 de maio de 2019 a Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo, acollerá en horario de tarde a última xornada da Liga Galega Benxamín na que tomarán parte además do Fogar o CN.Coruña, o C. do Mar, o Casino, o CN.Arteixo, o CN.Liceo, o CN.Culleredo, o Hércules e o Oleiros con 160 nadores en liza (98 nenos e 62 nenas). Despois da quinta rolda, os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros melloramos unha praza ascendendo ata o 12º posto conxunto dos 31 equipos que están a puntuar. Á cita carballesa presentaremos un equipo formado por un total de 24 nadadores e nadadoras de idades comprendidas entre os 9 e os 11 anos; das que 9 pertencen á categoría feminina e os 15 restantes á masculina. Nesta quinta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 200 e os 400 metros libres, os 50 bolboreta e os 100 estilos, ademais das substitucións por equipos dos 4x100 metros libres mixtos. Achegamos como arquivos adxuntos a esta mesma nova tanto a convocatoria de probas d@s nos@s nadadores e nadadoras, como a listaxe de saídas da propia sesión.