O pasado sábado día 3 de novembro de 2018, a Piscina Municipal Carballo Calero da Zona Bergantiños en Carballo, acollía a primeira das tres Xornadas Preliminares da liga Galega de Clubs na súa Terceira División. Na mesma os nosos 21 representantes postulábanse como serios candidatos ao título levándose a vitoria final con 348 puntos polos 334 da ADN.Narón, os 316 do USC, os 257 do CN.Mos, os 182 da ADT.Oleiros e os 156 do CN.Monforte. Con estes resultados a clasificación provisional queda como segue, 1º Fogar con 7 puntos, 2º Narón con 5 puntos, 3º USC con 4 puntos, 4º Mos con 3 puntos, 5º Oleiros con 2 puntos e 6º Monforte con 1 punto. A xornada deparounos as vitorias de Manuel Verdes nos 100 braza e os 200 estilos, a de Elisa Pichel nos 100 braza, a de Nana Suárez nos 200 estilos, proba na que batía ademais a mellor marca do club dos 13 anos, a de Xoan Toja nos 50 libres e a dos cuartetos de remudas masculinas de 4x50 estilos e 4x100 libres. Os resultados da xornada celebrada en Carballo poden consultarse no apartado de descargas natación desta mesma web.