O pasado sábado 1 de xuño, tres das nosas nadadoras da categoría prebenxamín despedían a tempada de competicións na Piscina do Complexo Deportivo Javier Gómez Noya de Ferrol con motivo da disputa da Final de Copa Galega da categoría. O evento congregou a 13 equipos da nosa comunidade entre os que movilizamos a 226 nadadores-as, 127 nenas e 99 nenos menores de 9 anos. En canto ás nosas compre destacar o 3º posto de Alba Velo na proba dos 50 libres e o 6º posto de Noa Vilar nos 50 braza; mentres que Carlota Lavandeira foi descualificada nos 50 libres por saída anticipada. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. En canto ao desenvolvemento da fase regular de liga e unha vez contabilizadas as 4 xornadas, o noso equipo prebenxamín rematou na 8ª praza feminina, a 13ª praza masculina e a 11ª praza conxunta dos 20 equipos participantes; clasificación que podedes atopar na seguinte ligazón federativa...
https://www.fegan.org/fegan/tprd/2324/snat/res/liga_gal_preb/clas.pdf