O pasado sábado día 15 de xuño, doce d@s nos@s nadadores e nadadoras da categoría benxamín despedían a tempada de competicións na Piscina Municipal Carballo Calero. Carballo acolleu en sesións de mañán e tarde a Final B da Copa Galega da categoría para os equipos clasificados nos postos 13º a 29º da fase regular de liga. O evento congregou a dez destes equipos e a 92 d@s seus nadadores e nadadoras de 10 e 11 anos. @s nos@s callaron un moi bo concurso en Carballo rematando segundos por equipos por detrás do Cidade de Santiago que se fixo coa victoria. No individual Iván Casal de 10 anos melloraba os rexistros do club da súa idade nas probas dos 100 estilos e costas nas que se facía tamén coa victoria. Compre destacar ademáis a victoria de Julia Vivero nos 100 libres; os 2º postos de Borja Collazo e Julia Vivero nos 50 libres, Xacobo Fraga nos 100 costas e a substitución mixta dos 4x50 libres mixtos; e os 3º postos de Ethan Rodríguez nos 200 libres, Martina Santomé nos 100 costas e Xacobo Fraga nos 200 estilos. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. En canto ao desenvolvemento da fase regular de liga e unha vez contabilizadas as 6 xornadas, o noso equipo benxamín rematou na 19ª praza feminina, a 9ª praza masculina e a 13ª praza conxunta dos 29 equipos participantes.