O vindeiro sábado día 8 de maio de 2021 a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 4ª xornada da Liga Galega Benxamín en horario de tarde (16:00 horas). A competición levaráse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado. Ademáis haberá 2 turnos diferenciados de quecemento e competición, 1 feminino e outro masculino e non se nadarán as tradicionáis probas de substitucións por equipos co obxectivo de evitar a aglomeración de nadadores-as que entrarán e sairán da instalación por clubs, baixo acreditación e de xeito graduado. Desta volta o noso equipo benxamín formarano 25 nadadores-as, das cales 9 pertencen á categoría feminina e os 16 restantes á masculina. Logo da 1ª xornada os da AD.Fogar imos 10º dos 24 equipos que conforman a categoría. A convocatoria d@s nos@s, a listaxe de saídas e os protocolo anticovid para o sábado estarán dispoñibles ao longo da semana no apartado descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa da Liga Galega de Natación Benxamín para a presente tempada 2020 - 2021.