A final de Copa pechou a tempada d@s nos@s Prebenxamíns


 13 Xuño, 2023   Natación 

A final de Copa pechou a tempada d@s nos@s Prebenxamíns

O pasado sábado día 10 de xuño o noso Equipo Prebenxamín despedía a tempada de competicións de natación na Piscina do Club Fluvial de Lugo, con motivo da disputa da Final de Copa Galega da categoría. O evento congregou a 13 equipos da nosa comunidade entre os que movilizamos a 256 nadadores-as, 82 nenas menores de 9 anos e 174 nenos menores de 11 anos. @s de Carballo e Oleiros convocamos un equipo de 22 nadadores-as, e ainda que só acudiron 8, acadamos a 6ª praza feminina, a 12ª praza masculina e a 12ª conxunta.  No individual compre destacar o 3º posto de Iván Casal na proba dos 100 estilos e o 5º de Alba Velo nos 50 costas. Resultados que podedes atopar no apartado de descargas natación desta mesma web. En canto ao desenvolvemento da fase regular e unha vez contabilizadas as 4 xornadas, @s nos@s remataron na 8ª praza feminina, a 10ª praza masculina e a 9ª praza conxunta dos 20 equipos participantes; clasificación que podedes atopar na seguinte ligazón federativa...
https://www.fegan.org/fegan/tprd/2223/snat/res/liga_gal_preb/clas.pdf

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.