A Liga Alevín arrinca mañá en San Amaro con 18 d@s nos@s en liza


 12 Novembro, 2021   Natación 

A Liga Alevín arrinca mañá en San Amaro con 18 d@s nos@s en liza

Mañá sábado día 13 de novembro de 2021 a Piscina do Club do Mar de San Amaro acollerá a 1ª xornada da Liga Galega de Natación Alevín que congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2010 e 2011 e aos nenos nados no 2008 e 2009. A competición levaráse a cabo desde as 15:45 horas nun só turno de quecemento e competición e contará coa presenza de 7 equipos (Arteixo, Casino, Club do Mar, Coruña, Culleredo, Fogar e Liceo) e 81 nadadores-as, 41 rapazas e 40 rapaces. Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo composto por 18 nadadoras-es, das cales 9 pertencen á categoría feminina e os 9 restantes á masculina. O programa de probas da xornada inclúe os 50 e os 400 metros libres, os 50 e 100 metros braza, os 200 metros costas e os 400 metros estilos, además das substitucións por equipos dos 4x100 libres masculinos e femininos. Compre salientar tamén que a pasada tempada os de Carballo e Oleiros fomos 4º dos 30 equipos que tomaron parte na liga. A convocatoria d@s nos@s e a lista de saídas están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Alevín para a presente tempada 2021 - 2022.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.