A Liga Benxamín arrinca mañá en Riazor con 28 d@s nos@s


 18 Novembro, 2022   Natación 

A Liga Benxamín arrinca mañá en Riazor con 28 d@s nos@s

Mañá sábado día 19 de novembro de 2022 a Piscina Municipal de Riazor en A Coruña, acollerá a 1ª xornada da Liga Galega de Natación Benxamín que congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2013 e 2014 e aos nenos nados no 2011 e 2012. A competición levaráse a cabo desde as 15:45 horas nun só turno de quecemento e competición e contará coa presenza de 7 equipos (Artabria, Arteixo, Casino, Coruña, Culleredo, Fogar e Liceo). Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo composto por 28 nadadoras-es, das cales 4 pertencen á categoría feminina e os 24 restantes á masculina. O programa de probas da xornada inclúe os 50 e os 100 metros libres, os 50 costas e os 50 e 100 metros bolboreta-costas, ademáis das substitucións por equipos dos 4x50 estilos masculinos e femininos e os 4x50 libres mixtos. Compre salientar tamén que a pasada tempada os de Carballo e Oleiros fomos 11º dos 29 equipos que tomaron parte na liga. A convocatoria d@s nos@s e a lista de saídas da xornada están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Benxamín para a presente tempada 2022 - 2023.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.