A Piscina Municipal Carballo Calero acollerá desde as 4 da tarde de hoxe a 2ª Xornada da Liga Galega da categoría benxamín; desta volta sen a presenza de público por precaución dada a situación actual respecto da pandemia. Ademáis d@s nos@s nesta 2ª rolda tomarán parte tamén os equipos do Artabria (4), Arteixo (21), Casino (10), Coruña (11), Culleredo (8) e Liceo (5), entre os que sumamos un total de 84 nadadores e nadadoras. @s da ADFogar de Carballo e Oleiros contamos cun equipo formado por 25 nadadores-as, 20 nenos e 5 nenas, ainda que esperamos ter algunha baixa motivada pola vacinación da covid destes días para @s cativ@s deste grupo de idade. O programa de probas da xornada inclúe os 50 e os 100 costas, os 50 braza e os 50 pes costas, ademáis das substitucións por equipos dos 4x50 estilos mixt@ e os 4x50 libres masculino e feminino. A nosa convocatoria, as listaxes de saídas e o protocolo anticovid da xornada están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.