A Liga Galega Alevín volta esta tarde a Carballo a porta pechada


 12 Febreiro, 2022   Natación 

A Liga Galega Alevín volta esta tarde a Carballo a porta pechada

A Piscina Municipal Carballo Calero acollerá desde as catro da tarde de hoxe a terceira xornada da Liga Galega da categoría alevín; desta volta sen a presenza de público pola restrición do aforo ao 50% da súa capacidade. Ademáis d@s nos@s nesta 2ª rolda tomarán parte tamén os equipos do Arteixo (12), Casino (14), Coruña (15), Club do Mar (9) e Liceo (15), entre os que sumamos un total de 84 nadadores e nadadoras. @s da ADFogar de Carballo e Oleiros contamos cun equipo formado por 19 nadadores-as, 9 nenos e 10 nenas, ainda que esperamos ter algunha baixa motivada pola pandemia. O programa de probas da xornada inclúe os 50 costas, os 50 e os 200 bolboreta, os 100 e os 1500 libres e os 200 braza e estilos, ademáis da substitución por equipos dos 4x200 libres feminino. Logo das dúas primeiras xornadas @s da AD.Fogar imos 3º da táboa masculina, 13ª da feminina e 8º da conxunta (clasificacións). A nosa convocatoria, as listaxes de saídas e o protocolo anticovid desta terceira xornada están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.