Mañá sábado día 22 de outubro de 2022 a Piscina do Club do Mar de San Amaro na Coruña acollerá a 1ª xornada da Liga Galega de Natación Infantil que congrega esta tempada ás nenas nadas nos anos 2008, 2009 e 2010 e aos nenos nados no 2007 e 2008. A competición levaráse a cabo dende as 15:30 horas coa presenza de 6 equipos (Arteixo, Arzúa, Club do Mar, Fogar, Ordes e Santiago) e 85 nadadores-as, 47 rapazas e 38 rapaces. Para esta primeira xornada aliñaremos un equipo composto por 26 nadadoras-es, das cales 14 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina. O programa de probas da xornada inclúe os 50, 200 e 1500 metros libres, os 100 bolboreta e estilos, 200 braza e costas e os 400 estilos, ademáis das substitucións por equipos dos 4x100 estilos masculinos e femininos. Compre salientar tamén que a pasada tempada os de Carballo e Oleiros fomos 8º conxunt@s dos 30 equipos que tomaron parte na liga. A convocatoria d@s nos@s e a lista de saídas da xornada están dispoñibles no apartado de descargas natación desta mesma web, onde podedes atopar tamén a normativa desta Liga Galega de Natación Infantil para a presente tempada 2022 - 2023.