O noso nadador alevín, Anxo Fuentefría (Carballo 2009) e o seu adestrador Héctor García, tomarán parte o vindeiro 28 de xaneiro en sesións de mañá e tarde, nunha xornada de Tecnificación de Bolboreta que organiza a FEGAN en colaboración coa RFEN na piscina olímpica do Pavillón dos Remedios de Ourense. Os técnicos responsables da xornada serán, Santiago Veiga, coordinador dos programas de tecnificación da RFEN), José Aláez "Taja", adestrador do Real Canoe N.C. e membro do Equipo Nacional e Rafa Muñoz, duas veces campión europeo absoluto en 50 bolboreta e ex recordman mundial da distancia.
O mesmo sábado a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá en horario de tarde (15:30 horas) a 2ª das xornadas da Liga Galega Infantil na que estamos a ocupar a 7ª praza provisional logo da 1ª xornada. Para esta 2ª rolda imos competir con 7 nadadores e 17 nadadoras co obxectivo de manternos entre os dez mellores equipos da categoría. Ademáis d@s nos@s tomarán parte 5 nadadores-as do C.Mar, 17 do C N.Arteixo, 25 do CDNC.Santiago, 6 do CN.Ordes e 3 do CN.Arzúa. As convocatorias de Ourense e Carballo e a listaxe de saídas da Liga Infantil, podedes atopalas no apartado descargas natación desta mesma web.