Hoxe á tarde despútase na Piscina Municipal de Riazor en A Coruña, a 3ª xornada da Liga Galega Infantil no seu Grupo C. A competición levaráse a cabo coa presenza de público e unha única quenda de quecemento (16:00 a 16:50 horas) e competición (17:00 a 20:00 horas). Para esta terceira xornada aliñaremos un equipo composto por 23 nadadoras-es, das cales 17 pertencen á categoría feminina e os 6 restantes á masculina; os cales medirán as súas forzas c@s representantes dos equipos do CN.Coruña, C.Mar, S.Casino e CN.Arteixo. O programa de probas da xornada inclúe os 50, 200 e 1500 metros libres, os 100 bolboreta, os 200 costas e braza, os 400 estilos e as remudas dos 4x100 estilos mixtos. A convocatoria d@s nos@s e a lista de saídas están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web. Compre salientar tamén que logo das dúas primeiras xornadas estamos a ocupar a 7ª praza conxunta da clasificación provisional dos 30 equipos que veñen tomando parte.