Alba Lamas e Noa Ferreiro convocadas á Selección Galega


 07 Marzo, 2024   Natación 

Alba Lamas e Noa Ferreiro convocadas á Selección Galega

As nadadoras alevíns da AD.Fogar, Alba Lamas (2011) e Noa Ferreiro (2011), veñen de ser convocadas pola Federación Galega de Natación para participar co combinado que representará a Galicia no X Campionato de España de Natación Alevín por Seleccións Autonómicas "CESA". Torneo que se disputa os días 8, 9 e 10 de marzo na Piscina Municipal Villa de los Barrios de Cádiz no que tomarán parte 18 comunidades autónomas e 365 nadadores-as. O equipo galego alevín confórmano 20 nadadores-as, 10 rapaces e 10 rapazas e as nosas nadarán os 50, 100 e 200 costas no caso de Alba e os 50, 100 e 200 libres no de Noa. Ademáis en función do programa de probas e a marcha do equipo feminino estarán ao dispor dos adestradores encargados do grupo para nadar tamén as probas de substitucións por equipos. No apartado de descargas natación desta mesma web podedes consultar a convocatoria da selección galega. Máis información na WEB DO CAMPIONATO.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.