A partir das 16:00 horas do vindeiro sábado día 9 de xaneiro de 2021, a Piscina Municipal Carballo Calero acollerá a 1ª Toma de Tempos para as categorías alevín e infantil na procura de marcas mínimas para os campionatos galegos de inverno. Como ven sendo habitual no que vai de tempada a competición levaráse a cabo sen a presenza de público e baixo estrictas medidas de seguridade, como o aforo restrinxido baixo acreditación, a hixiene de mans, o control de temperatura, o mantemento da distancia de seguridade, o establecemento dun sentido único de circulación, ou o uso obligatorio da máscara agás no momento de nado entre outras. Ademáis haberá dous turnos diferenciados de quecemento e competición, de 16 a 17:30 horas para as rapazas e de 18 a 19:30 para os rapaces. Os nadadores-as entrarán e sairán da instalación de xeito graduado e por clubs. Para esta toma de tempos vimos de convocar a 29 nadadores-as de Carballo e Oleiros, das cales 17 pertencen á categoría feminina e os 12 restantes á masculina. Á competición están invitados o CN. Arteixo que virá a Carballo con 16 nadadores-as e o CN. Cidade de Santiago que o fará con 22. A convocatoria dos nosos, as listaxes de saídas e os protocolo anticovid para o sábado xa están dispoñibles no apartado descargas natación desta mesma web.