O nadador da AD.Fogar Anxo Fuentefría Fernández (Carballo 2009), vén de ser convocado pola Federación Galega de Natación para participar co combinado que representará á Federación Territorial de Galicia no IX Campionato de España de Natación Alevín por Seleccións Autonómicas. Torneo que se disputa do 24 ao 26 de febreiro de 2023 na Piscina Parque do Oeste de Oviedo con 339 nadadores-as en liza. O equipo galego alevín confórmano 19 nadadores-as, 10 rapaces e 9 rapazas. Anxo nadará a título individual os 100 e 200 metros braza e os 200 metros estilos e en función do programa de probas e a marcha do equipo masculino estará ao dispor dos adestradores encargados do grupo para nadar tamén as probas de substitucións por equipos. No apartado de descargas natación desta mesma web pódese consultar ao detalle a convocatoria da selección galega.
WEB DO CAMPIONATO