Anxo Fuentefría Campión de España Júnior nos 200 braza


 09 Marzo, 2025   Natación 

Anxo Fuentefría Campión de España Júnior nos 200 braza

Rematou hoxe o Campionato de España de Natación Júnior de Inverno e Absoluto Open de Primavera celebrado nas instalacións do Club Natació Sabadell do 5 ao 9 de marzo con 203 equipos e 989 nadadoras e nadadores en liza. Os da AD.Fogar de Carballo e Oleiros estivemos representados nesta ocasión polo júnior Anxo Fuentefría na categoría dos 16 anos e o absoluto Martín López. Gran concurso de Anxo Fuentefría que tomou parte en 5 probas clasificando para nadar 3 das finais de 16 anos; a dos 200 braza, proba na que volvía a proclamarse Campión de España cun tempo de 2:23.85 co que batía a mellor marca absoluta do club; e as dos 200 estilos e os 100 braza, probas nas que foi 8º mellorando os rexistros do club dos 16 anos. Anxo mellorou tamén a anterior marca do club de 16 anos nos 50 braza clasificando 15º e foi 11º nos 400 estilos. Pola súa banda Martín López nadou as series preliminares dos 100 metros braza rematando na 41ª praza absoluta. Os resultados dos nosos podédelos atopar no apartado de descargas natación desta mesma web.

Xunta de Galicia - Conselleria de cultura e deporte Diputacion da Coruña Concello de Carballo Patronato deportivo de Carballo Concello de Oleiros Oleiros Deporte Carballo a un Paso Federación española de tríatlon
Federacion gallega de tríatlon Federacion española de natación Federación gallega de natación Real Federación Española de Atletismo Federación Galega de Atletismo

Utilizamos cookies propias y de terceros para optimizar tu visita. No utilizamos cookies para recoger información de carácter personal.

Puedes permitir su uso o rechazarlo y cambiar su configuración cuando lo desees.

Cerrar

Más información en nuestra Política de Cookies.